Tarefas e ferramentas conectadas

Deixa de copiar os mesmos datos.

Se unha tarefa se repite cada día, cóntame como a fas. Podo conectar os programas que xa usas para rexistrar unha solicitude, preparar un documento ou avisar ao equipo sen repetir cada paso á man.

Fluxo demostrativo de rexistro e avisos presentado nun portátil
Exemplo dun fluxo para rexistrar unha solicitude e avisar ao equipo. As conexións defínense segundo as túas ferramentas.
01

Empezamos polo problema

As solicitudes chegan por varios sitios, alguén pásaas a unha folla e despois ten que avisar a outra persoa. Os cambios, os datos incompletos e os esquecementos engaden traballo.

02

Para que che pode servir

Un proceso definido, cun resultado que poidamos comprobar. Antes de construílo acordamos que o inicia, que datos utiliza e que facer se algo falla.

03

Automatización sinxela desde 350 € + IVE

Definimos a primeira entrega e o seu prezo por escrito.

Que podemos facer

Para que che pode servir

  • Un fluxo concreto entre ata dúas ferramentas compatibles.
  • Comprobación de accesos, permisos e datos necesarios.
  • Probas do percorrido e tratamento de erros acordado.
  • Explicación de uso e condicións de seguimento.

Alcance e orzamento

Desde 350 € + IVE para un fluxo entre ata dúas ferramentas compatibles, tras revisar a súa viabilidade. Os procesos con máis conexións, regras ou datos orzanse por fases. Licenzas, consumos e aloxamento á parte. O mantemento acórdase segundo o funcionamento. Pago por proxecto: 50 % ao empezar e 50 % tras aprobar a entrega.

Cóntame que necesitas ↗

Un exemplo do que pode cambiar

Exemplo ilustrativo cun negocio ficticio. O alcance de cada mellora acórdase segundo a túa web e as túas ferramentas.

Comparación demostrativa entre copiar unha solicitude á man e rexistrala mediante un fluxo conectado
Exemplo dun proceso ficticio. O fluxo e as súas conexións defínense segundo as ferramentas dispoñibles.

Antes. Os datos cópianse entre follas e documentos.

Despois. Un fluxo rexistra a solicitude e prepara o aviso.

Traballos que podes ver

A miña achega está indicada en cada caso.

Así o traballamos

  1. Falámolo

    Vemos unha operación real e anotamos os pasos que repites.

  2. Definímolo

    Comprobo as conexións dispoñibles e propóñoche un fluxo acoutado.

  3. Próboo contigo

    Próboo contigo, preparo a guía e acordamos como revisar o seu funcionamento.

O que adoitan preguntarme

Que tarefas podes automatizar?

Por exemplo, rexistrar unha solicitude que chega desde a web, crear un documento con datos existentes ou enviar un aviso ao equipo. Primeiro comprobo que permiten as túas ferramentas e como debe funcionar cada caso.

Necesito cambiar os programas que uso?

Non sempre. Reviso se ofrecen unha conexión oficial axeitada e se os teus accesos a permiten. Se non hai unha conexión fiable, explícocho antes de orzar.

Que ocorre cando falla unha conexión?

Definimos o tratamento de erros e os avisos que necesita ese fluxo. Tamén acordamos que revisións quedan ao teu cargo e que soporte queres contratar.

Tamén pode encaixar

Cóntame a túa idea

Que necesitas para o teu negocio?

Unha web nova, unha tarefa que che quita tempo ou unha ferramenta que levas tempo querendo facer. Cóntamo coas túas palabras e vémolo.

Primeira conversa de 15 minutos, gratuíta e sen compromiso.