Empezamos polo problema
O hotel buscaba un sistema que encaixase mellor coa súa operativa, os seus custos e o soporte que necesitaba. Había tarefas que querían automatizar, entre elas o rexistro de viaxeiros.
Caso de proxecto · Hotel
Deseñei e desenvolvín a web do hotel e o seu sistema de reservas. Tamén construín un PMS propio: o panel desde o que o equipo organiza as habitacións, as reservas e os pendentes.
A miña achega: Deseño e desenvolvemento da web, das reservas e do PMS á medida.

O hotel buscaba un sistema que encaixase mellor coa súa operativa, os seus custos e o soporte que necesitaba. Había tarefas que querían automatizar, entre elas o rexistro de viaxeiros.
Construín un panel con reservas, calendario, habitacións, sincronización iCal e automatización do rexistro de viaxeiros en SES.Hospedajes. A web pública e o panel privado cobren dúas partes do mesmo negocio.
Definimos a primeira entrega e o seu prezo por escrito.
Un PMS similar orzaméntase por fases tras revisar usuarios, canles, datos, migración e requisitos. Non está incluído no prezo dunha web ou dunha automatización sinxela. A proposta separa desenvolvemento, IVE, aloxamento, licenzas, consumos e soporte. A web pode incluír ata tres idiomas con contido e traducións revisados achegados polo cliente; idiomas adicionais á parte.
Cóntame que necesitas ↗A miña achega está indicada en cada caso.



Colaborei na programación do seu PMS á medida. A súa web pública móstrase como referencia do hotel, non como un desenvolvemento meu.
Ver o traballoDefinín as funcións da web e da xestión do hotel.
Desenvolvín o panel e as conexións da operativa.
Preparei o percorrido de reservas e a automatización de rexistros.
O panel é privado. Aquí podes ver unha captura na que ocultei os datos de clientes. A web e o percorrido público de reserva si se poden visitar.
Si, podemos definilo por fases. Primeiro revisamos as ferramentas que tes, as funcións necesarias e as conexións dispoñibles. Despois concretamos a primeira entrega, as probas e o mantemento.
Neste proxecto desenvolvín a automatización do rexistro de viaxeiros en SES.Hospedajes. Para outra instalación revísanse accesos, datos, requisitos, erros e seguimento. A solución técnica defínese para o caso concreto.
Cóntame a túa idea
Unha web nova, unha tarefa que che quita tempo ou unha ferramenta que levas tempo querendo facer. Cóntamo coas túas palabras e vémolo.
Primeira conversa de 15 minutos, gratuíta e sen compromiso.