Webs e redeseños

Que a túa web explique ben o que fas.

Son Maicol, programador na Coruña. Deseño webs para que quen chegue atope os teus servizos, vexa o teu traballo e saiba como contactar contigo. Se xa tes unha, revísoa antes de propoñerche cambios.

Web real de Cal Benito presentada nun monitor e nun móbil
Cal Benito. Web que deseñei e desenvolvín, presentada coas súas pantallas reais.
01

Empezamos polo problema

A web quedou antiga, custa lela no móbil ou non explica o que necesitas contar. Ás veces abonda con arranxar unha parte; outras convén refacela.

02

Para que che pode servir

Unha presentación clara do teu negocio, con navegación sinxela e un camiño directo para pedir información. Acordamos que debe poder facer o visitante antes de empezar.

03

Web esencial desde 350 € + IVE · Web de negocio desde 650 € + IVE

Definimos a primeira entrega e o seu prezo por escrito.

Que podemos facer

Para que che pode servir

  • Deseño adaptado ao móbil e ao contido do teu negocio.
  • Servizos, imaxes e formas de contacto organizados.
  • SEO técnico inicial e comprobación de ligazóns e formularios.
  • Ata tres idiomas con textos e traducións revisados que ti achegas.

Alcance e orzamento

Web esencial: unha páxina, ata cinco seccións e unha rolda de cambios agrupados. Web de negocio: ata cinco páxinas e dúas roldas. Achegas textos, fotos e traducións revisadas. Máis idiomas, contidos ou funcións teñen orzamento á parte. IVE, dominio, aloxamento e licenzas á parte. 50 % ao empezar e 50 % tras aprobar a entrega.

Cóntame que necesitas ↗

Un exemplo do que pode cambiar

Exemplo ilustrativo cun negocio ficticio. O alcance de cada mellora acórdase segundo a túa web e as túas ferramentas.

Comparación ilustrativa dunha web ficticia de taller antes e despois de renovar a súa presentación
Exemplo dun taller ficticio. A comparación ilustra unha mellora de presentación; non mostra resultados medidos.

Antes. Servizos e contacto difíciles de atopar.

Despois. Servizos ordenados e un contacto visible.

Traballos que podes ver

A miña achega está indicada en cada caso.

Así o traballamos

  1. Falámolo

    Cóntasme que fas, quen che compra e que necesita ver na web.

  2. Definímolo

    Propóñoche estrutura, alcance e orzamento; revisamos o deseño.

  3. Próboo contigo

    Desenvolvo, comprobamos o percorrido e preparo a entrega acordada.

O que adoitan preguntarme

Podes mellorar a web que xa teño?

Si. Primeiro comprobo como está feita e que accesos tes. Unha intervención puntual definida parte de 150 € + IVE; dígoche que inclúe antes de facela.

Están incluídos ata tres idiomas?

Si, nas dúas ofertas de web, cos textos e as traducións revisadas que ti achegas. Se necesitas máis idiomas ou que prepare os contidos, orzámolo á parte.

Podo engadir reservas ou unha tenda?

Podemos estudar unha conexión coa túa ferramenta actual ou unha función nova. Unha tenda, unha axenda ou un sistema de reservas non están incluídos automaticamente nas ofertas de presentación.

Tamén pode encaixar

Cóntame a túa idea

Que necesitas para o teu negocio?

Unha web nova, unha tarefa que che quita tempo ou unha ferramenta que levas tempo querendo facer. Cóntamo coas túas palabras e vémolo.

Primeira conversa de 15 minutos, gratuíta e sen compromiso.