Empezamos polo problema
A web segue publicada, pero mostra información antiga ou ten unha ligazón que xa non funciona. Ninguén sabe a quen pedir o cambio nin canto vai custar.
Revisión e pequenos cambios
Cambian os horarios, os servizos e as fotos. Podo revisar a túa web e axudarche con eses cambios pequenos para que a información siga sendo útil. Antes comprobo como está feita e que accesos hai.

A web segue publicada, pero mostra información antiga ou ten unha ligazón que xa non funciona. Ninguén sabe a quen pedir o cambio nin canto vai custar.
Unha revisión acordada e unha canle directa para solicitar pequenos axustes. Se aparece un traballo maior, explícocho co alcance e o prezo antes de facelo.
Definimos a primeira entrega e o seu prezo por escrito.
Desde 39 € + IVE ao mes: revisión e ata 30 minutos de cambios, cun máximo total de 45 minutos mensuais. Novas páxinas, redeseños, recuperación de incidencias e traballos que excedan ese tempo teñen orzamento á parte. Dominio, aloxamento, licenzas e consumos non incluídos. O soporte de software, apps, bots e automatizacións calcúlase por separado.
Cóntame que necesitas ↗A miña achega está indicada en cada caso.
Deseño e desenvolvemento da web do restaurante.
Ver o traballoComprobo a tecnoloxía, os accesos e o estado da web.
Acordamos que revisar e como pedir os cambios.
Realizo a revisión e os axustes; calquera ampliación órzase antes.
Por exemplo, cambiar un horario, un texto ou unha imaxe dentro dunha páxina existente, se os accesos e a tecnoloxía o permiten e cabe no tempo contratado.
O plan ten un límite de tempo e un alcance acordado. Se fai falta unha recuperación, unha función nova ou un traballo maior, propóñoche un orzamento antes de realizalo.
Non. Tamén podes pedirme unha mellora puntual definida, desde 150 € + IVE tras comprobar accesos e viabilidade. O mantemento mensual é opcional.
Cóntame a túa idea
Unha web nova, unha tarefa que che quita tempo ou unha ferramenta que levas tempo querendo facer. Cóntamo coas túas palabras e vémolo.
Primeira conversa de 15 minutos, gratuíta e sen compromiso.