Empezamos polo problema
Todo parece igual de importante, o texto pesa demasiado ou as fotos non mostran ben o que ofreces. O visitante ten que facer un esforzo para atopar o que busca.
Pantallas e presentación visual
Encárgome de organizar o que aparece na pantalla: texto, fotos, botóns e espazos. Tamén podo preparar as imaxes que achegues para que encaixen coa web e coa identidade do negocio.

Todo parece igual de importante, o texto pesa demasiado ou as fotos non mostran ben o que ofreces. O visitante ten que facer un esforzo para atopar o que busca.
Pantallas cunha lectura clara e un seguinte paso visible. O deseño revísase con contido real para comprobar como funciona en móbil e ordenador.
Definimos a primeira entrega e o seu prezo por escrito.
Orzamento segundo pantallas, recursos, revisións e implementación. Achegas materiais autorizados; fotografías novas, contidos, traducións e licenzas concrétanse á parte. Deseñar unha interface e programala son entregables distintos. IVE e custos externos á parte. Pago por proxecto: 50 % ao empezar e 50 % tras aprobar a entrega.
Cóntame que necesitas ↗A miña achega está indicada en cada caso.
Deseño da web, tratamento das fotografías achegadas polo cliente e desenvolvemento.
Ver o traballoRevisamos a pantalla actual, o contido e o que debe facer o usuario.
Preparo unha proposta visual e revisámola cos teus materiais.
Axusto o deseño e entrego ou implemento o incluído na proposta.
Si. Primeiro reviso a súa calidade e o uso previsto. Dígoche que tratamento podo facer e que imaxes convén substituír antes de pechar o alcance.
Cando o acordemos. A proposta especifica se recibes unha proposta visual, os recursos preparados ou a interface implementada na web ou aplicación.
Si. Partimos da túa identidade e do que xa funciona. Se fai falta cambiar algún recurso ou criterio visual, propóñocho e revisámolo antes.
Cóntame a túa idea
Unha web nova, unha tarefa que che quita tempo ou unha ferramenta que levas tempo querendo facer. Cóntamo coas túas palabras e vémolo.
Primeira conversa de 15 minutos, gratuíta e sen compromiso.