Empezamos polo problema
Unha web de presentación non abonda cando o usuario necesita entrar, traballar con datos e volver para seguir unha tarefa. Tampouco toda necesidade require instalar unha app no móbil.
Aplicacións para clientes e equipos
Podo axudarche a converter un proceso nunha aplicación: consultar un estado, rexistrar un traballo ou reunir información para o equipo. Primeiro vemos quen a vai usar e desde que dispositivos.

Unha web de presentación non abonda cando o usuario necesita entrar, traballar con datos e volver para seguir unha tarefa. Tampouco toda necesidade require instalar unha app no móbil.
Unha primeira versión cun percorrido completo e fácil de entender. Escollemos aplicación web ou móbil segundo as funcións e o uso que necesitas.
Definimos a primeira entrega e o seu prezo por escrito.
Orzamento por fases segundo plataforma, funcións e usuarios. Publicación en tendas, contas de desenvolvedor, traballo sen conexión ou funcións do dispositivo acórdanse expresamente. IVE, aloxamento, licenzas e consumos á parte. Mantemento e novas funcións con orzamento propio. Pago por proxecto: 50 % ao empezar e 50 % tras aprobar a entrega.
Cóntame que necesitas ↗A miña achega está indicada en cada caso.
Plataforma web propia para organizar clientes, documentos e proxectos.
Ver o traballoPanel web privado para a xestión do hotel.
Ver o traballoEscollemos unha operación e vemos como a realizará o usuario.
Definimos plataforma, pantallas e orzamento da primeira fase.
Desenvolvo, probamos e preparamos o acceso ou a publicación acordada.
Decidímolo segundo o uso. Se abonda con entrar desde o navegador, unha aplicación web pode ser axeitada. Se necesitas funcións concretas do dispositivo, estudamos a opción móbil.
Si. A primeira versión debe resolver un percorrido completo. As funcións seguintes priorízanse cando comprobemos o uso e o traballo que queda por resolver.
Definimos as revisións, copias e soporte que necesita segundo as súas funcións. O mantemento e as ampliacións teñen un orzamento propio, separado da primeira entrega.
Cóntame a túa idea
Unha web nova, unha tarefa que che quita tempo ou unha ferramenta que levas tempo querendo facer. Cóntamo coas túas palabras e vémolo.
Primeira conversa de 15 minutos, gratuíta e sen compromiso.